27 agosto 2016

17 marzo 2010

CRIMSON VIPER FANART

Este é o meu derradeiro Fanart. Trátase de Crimson Viper (do Street Fighter IV de Capcom). O que máis me gusta é a postura, que está case perfecta. O que menos, cecáis as gafas.

Fai un click sobor a imaxe ou aquí para ampliála.

14 marzo 2010

DE PESADELOS E TRINCHEIRAS

CORAZÓNS DE FERRO (CASUALTIES OF WAR - 1989)

O outro día vin un film de xa fai uns anos. É un filme sobor o conflicto do Vietnam, tremendamente realista (de feito recrea acontecementos documentados nos artículos de Daniel Lang, publicados no New Yorker na década dos 60).
Tendo en conta que o cumio de películas de Hollywood sobor a guerra na península de Indochina xa estaba cuberto por esa época (Apocalypse Now, Platoon, A Chaqueta Metálica, Depredador case) ninguén esperaría moito de Brian de Palma (de resaca tras Os Intocables e a punto de cagala con A fogueira das Vanidades). É máis cando a chamada "esquerda" estadounidense xa estaba desmontada e o partido demócrata volvía a ser partidario, entre outras cousas, da pena de morte (cando Ronald Reagan e Bush "pai" facían dos obreiros brancos e ós antiimpostos os seus votantes favoritos, falando da delincuencia como ameaza primordial, etc., etc). En fin vamos ó choio.
Serei claro: a película é explícita, o tema exposto fala dunha violación por parte duns soldados a unha civil nativa (unha campesiña).
A secuencia inicial nos presenta a un Michael "McFly" J. Fox xa en tempos de paz, visionando un Flashback ó contemplar unha moza asiática no bus que lle lembra a dita campesiña, de nome Thi Oanh Than.
No resto da película observamos á persoaxe de Fox (Max Eriksson) como o novato dun escuadrón, salvado case ó principio polo seu sarxento Tony Meserve (soberbia actuación de Sean Penn, pena que algúns só o coñezan por Mystic River).
Conforme avanzan pola xungla, veránse diferentes secuencias de combate, non moitas, pero sí moi ben resoltas, polo menos en canto á fotografía se refire.
Ademáis hai que ter en conta que tódolos helicópteros e material militar non os sufragou ningún corpo militar, dado a imaxe negativa que deran no filme.
As esceas dos abusos non son maníqueas (polo menos non en plan "artificio político" como algunhas veces demostra Oliver Stone). Con todo, baixa un pouco o nivel de credibilidade no tiroteo á moza trala paliza (coa música de Enio Morricone de fondo, épica pura).
Max Eriksson encarna os valores da ética (non é excesivamente un patriota "americano", e sí pai de familia e oposto ós desmanes cara ós supostos cómplices co outro bando (o chamado 3º bando por algúns historiadores).Sean Penn é o malo malísimo que abusa do seu rango, non ten remorsos da violencia cara a persoaxe interpretada por Thuy Thu Le en ningún momento. Os demáis soldados son secundarios e máis ben predecibles, exceptuando algunha interacción co
outro novato do grupo, Antonio Díaz (que interpreta John Leguizamo, e que eu sempre o lembrarei como Luigi).

É curioso como o sufrimento padecido é canalizado de maneiras antagónicas:
-Polos superiores (polo lado salvaxe da guerra).
-Polos superiores na retagarda (ignorando os abusos nas zonas de combate), apelando sempre a un obxectivo maior.
- Por M. Eriksson, que lembra máis ós soldados dos filmes da 2ª Guerra Mundial (con máis sentidiño, pero visceral).

O espírito do filme resúmese nunha frase dita por Eriksson cara ó final do filme (a pesares dos "Muthafucka"), apelando á irmandade colectiva, algo esbozado nos movementos hippie-universitarios da época. Tanto é así que os Guns & Roses incluíron unha frase del no seu derradeiro álbume, Chinese Democracy (2008).

Curiosidade: A actriz que interpreta a campesiña e a moza do bus (Thuy Thu Le) é unha exiliada de Saigón, e licenciada na Universidade de Berkeley. E nunca máis voltou a actuar nun filme a pesares das boas críticas recibidas.
Momento bestia: Cando as forzas aéreas bombardean un asentamento de milicianos do Vietcong e esfarelan unha patrulleira "amiga".
Referencias: Brian de Palma, director irregular onde os haxa, repetiu este mesmo tema (pero noutro conflicto, a 2ª Guerra de Irak) nunha película posterior e totalmente autofinanciada, Redacted (2007).

 Primeiro póster promocional da peli (na esquerda) e na dereita, o de Demolition Man, realizado catro anos máis tarde. ¿Casualidade ou plaxio?



13 marzo 2010

1ª ENTRADA !!!


Boas. Pouco a pouco irei pasando os arquivos do antigo blog http://entebras.tripod.com/sinelfica/, e configurando éste, así que paciencia. Estamos en obras.